Asterix, o famoso heroe galaico (...ou era galo???) co que medraron milleiros de rapaces galegos. Peluche de 20x10cm.
O pándego Obelix, forte heroe galaico (...ou era galo???) co que medraron milleiros de rapaces galegos. Peluche de 15x16cm.
O Rato é un animal moi presente no folclore galego, e grazas a el inventáronse os hórreos, cabazos e piornos. Peluche de 11cm.
O morcego é un dos animais galegos típicamente asociados á noite, ao alén, á maxia. Peluche de 25 cm.
A Andoriña é un elegante paxaro, considerado protector dos fogares galegos. Peluche de 17cm, fai un chio auténtico ao apretalo.
O Ferreiriño Bacachís é un dos paxaros comúns máis bonitos e coloridos do país. Peluche de 17cm, fai un chío auténtico ao apretalo.
O Xílgaro é un dos paxaros salvaxes galegos que ten o máis fermoso trinar. Peluche de 17cm, fai un chio auténtico ao apretalo.
O Pardal é coñecido por ser un dos poucos paxaros que habitan nos espazos verdes de aglomeracións urbanas. Peluche de 12cm, fai un chío auténtico ao apretalo.
O Paporroibo é residente común no bosque celta galego, a Fraga, mais tamén en parques e xardíns. Peluche de 17cm, fai un chio auténtico ao apretalo.
O porco, un dos animais emblemáticos da economía rural, cultura e gastronomía galega. Peluche de 20 cm.
Un dos crustáceos máis peculiares do mar galego. Peluche de 20cm.
Cos seus pequenos olliños, fociño aguzado, patiñas curtas e andar tardeiro, o Ourizo Cacho é un dos animais salvaxes máis simpáticos do rural galego. Peluche de 10cm.
O lavanco é o parrulo salvaxe máis común na Galiza. Peluche de 16cm que chía cando o apretas.
O polbo é un dos animais máis característicos da gastronomía galega, e non hai feira típica no país na que falte o caldeiro e as racións de polbo. Peluche de 30x30cm.
A galiña é un dos animais que nunca faltaba en calquer casa do rural galego. Peluche de 18cm.
O esquío autóctone galego, o esquío roxo, é un animal simpático que se encontra nos bosques de caducifolias e coníferas. Peluche de 17cm.
O coello é un dos animais máis comúns na paisaxe rural galega. Peluche de 20cm.
A reputación esotérica do moucho fai que apareza frecuentemente como animal de compaña das meigas. Peluche de 20cm.
Na antiga mitoloxía celta, e logo no folclore galego, os corvos estaban asociados co Alén. Peluche de 30cm.
Xogantina, intelixente e curiosa, a londra é un mamífero típico dos ríos galegos. Peluche de 40cm.
A Cachena é unha raza vacún autóctone galega, orixinaria das terras altas da Limia - Xurés. Peluche de 35cm.
O Golfiño Común é a especie de golfiños típica dos mares galegos. Peluche de 35cm.
Animal tradicional do rural galego, a característica típica do Teixugo é a súa pelaxe negra con bandas brancas. Peluche de 30x15cm.
Tamén coñecido como Mico ou Micho, o gato é un dos animais máis típicos da casa rural galega. Peluche de 20cm.
Intelixente e matinador, o raposo é un dos animais máis característicos do agro galego. Peluche de 25x20cm.
O rebezo é un animal salvaxe emparentado coa cabra que vivía na alta montaña galega. Peluche de 26cm.
Animal popular na heráldica galega e do resto das fisterras celtas, o xabarín é tamén o protagonista do programa xuvenil de máis éxito na televisión galega, o Xabarín Club. Peluche de 30 cm.
"Envolto sempre nun cobertor, faga frío ou calor". É o carneiro, un dos animais máis típicos do rural galego. Peluche de 30cm.
Animal garboso e elegante, de alto pescozo e patas delgadas, o Corzo é un mamífero tradicionalmente moi aprezado nas terras altas da Galiza. Peluche de 30cm.
O burro é un dos animais máis útiles e traballadores no rural galego. Peluche de 26cm.
A lura é a protagonista dun dos pratos máis populares da Galiza: os calamares. Peluche de 30cm.
Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.