Termos e Condicións de Servizo


Benvido á TendaGaliza.com.

Lé por favor os seguintes termos e condicións de servizo antes de usar o noso website. Ao usares este website, enténdese que aceitas os termos e condicións de servizo aquí estipulados. Ao mercares un ou varios produtos na nosa tenda internet enténdese que liches, comprendiches e aceitaches estes termos e condicións de servizo.


Información de Envío e Entrega

Ao mercares algún produto da nosa tenda internet TendaGaliza.com primeiro esperaremos a recibir o teu pagamento, tralo cal confirmaremos a túa compra enviándoche un email ao enderezo de correo electrónico que nos diches no momento de facer a túa encomenda.

Enviaremos a túa encomenda dentro de 2 días laborais desde que recibamos o teu pagamento. A partir de aquí, o tempo estimado de tránsito postal do teu envío é o seguinte:

Tempo de tránsito postal (Galiza e resto dos países da Unión Europea)
O tempo estándar de entrega é de 10 días laborais a partir da data na que o seu envío sexa feito. Notifícanos por favor antes de realizar a túa compra se necesitas a encomenda para unha data inmediata, para que che poidamos confirmar se nos é posible facerche a entrega a tempo por unha mensaxería máis rápida.
Tempo de tránsito postal (envíos internacionais - EUA e resto do mundo)


A partir da data na que foi deixado o teu envío en Correos, a túa encomenda tomará aproximadamente 2 semáns en chegar ao teu enderezo.


Regras de Devolución

Se por calquer razón tes que cancelar ou cambiar a túa encomenda, ponte por favor en contacto connosco axiña para que che demos as instruccións de devolución. Podes devolver calquer produto dentro de 14 días a partir da data na que che foi enviado, sempre que o produto siga novo e non usado tal como cho enviamos. Ten en conta que TendaGaliza.com non vai correr cos gastos de correos da túa devolución, mais só coa devolución do importe da compra. Se nos envías de volta algún produto, lembra de envialo por un servizo de correo certificado, xa que non nos podemos facer responsables de envíos que non recibamos.


Pagamento Seguro Online

Na TendaGaliza.com podes facer o teu pagamento online nun servidor seguro que aceita Visa, MasterCard, American Express, os máis dos cartóns de crédito e débito internacionais, e PayPal. Todas as transaccións son realizadas en Euro (€). TendaGaliza.com utiliza o Servidor Seguro de PayPal para efectuar todas as transaccións e para asegurar que todas as informacións persoais estén protexidas dacordo cos máis altos estándares tecnolóxicos internacionais.

Pagamento por Transferencia Bancaria

Tamén aceitamos pagamentos por Transferencia Bancaria. Antes de completares a túa compra, aparecerá na pantalla a escolla de pagamento pola túa encomenda. Escolle a opción de Transferencia Bancaria para obteres os nosos datos bancarios e instruccións de pagamento.


Taxas (IVE)

Todos os prezos publicados neste website están en Euro (€). O Imposto do Valor Engadido (IVE) correspondente é calculado antes de terminar a túa compra. Deberás introducir primeiro o teu enderezo de envío para que o website poida calcular o IVE correspondente. 

IVE para clientes da UE


Se a túa encomenda é enviada a un Estado membro da Unión Europea, o IVE correspondente será calculado antes de terminar a túa compra. Deberás introducir primeiro o teu enderezo de envío para que o website poida calcular o IVE correspondente. 


Compra libre de impostos para clientes de fóra da UE
Se a túa encomenda é enviada a un Estado non pertencente á Unión Europea (UE) non terás que pagar o Imposto do Valor Engadido (IVE), e non o incluiremos na cantidade a pagar no momento da túa compra. Pola outra banda, será a túa responsabilidade de pagar calquer taxa de aduanas que poidesen impór as autoridades do país ao que vaia o teu envío.


Límite da Nosa Responsabilidade

En TendaGaliza.com prestamos a maior atención para asegurarnos que recibes o mellor servizo posible e que todas as informacións aparecidas neste website sexan correctas e estén actualizadas. 

Dentro dos límites estipulados polo cadro legal actual, non nos faremos responsables de calquer retraso, perda ou dano directo ou indirecto que fose ocasionado por circunstancias alleas a nós e que estén fóra do noso control.

A única responsabilidade que TendaGaliza.com aceitará é o reembolso total ou parcial do prezo pagado por calquer produto devolto, dacordo coas condicións expresadas nestes Termos de Servizo.

Se introducimos calquer cambio nestes Termos e Condicións de Servizo, notificarémolo públicamente mediante unha nota de aviso na portada deste website.



Esperamos que desfrutes da túa visita á TendaGaliza.com



Máis información:
» Pagamento Seguro - Métodos de Pago
» Envío da túa Encomenda
» Política de Privacidade
» Contacto

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais