Política de Privacidade

Na TendaGaliza.com comprendemos e respeitamos a túa privacidade sobre os dados persoais que tes que darnos cando fagas unha compra neste website.
 
Só TendaGaliza.com.com posúe a información que nos pasas ao comprar neste website. Esa información persoal túa non a divulgamos nen a compartimos con ninguén máis.

A información que necesitamos e cómo a utilizamos

Cando fas unha encomenda na TendaGaliza.com, necesitaremos saber o teu nome, enderezo postal de entrega, enderezo e-mail. Esta información é necesaria para podermos recibir o teu pagamento e enviarche a túa encomenda. Sen esa información non podemos procesar o teu pagamento nen enviarche a túa encomenda. Tamén necesitamos esa información para pórnos en contacto contigo se xurdise algún problema durante o proceso de envío da túa compra.

Pagamento Seguro

TendaGaliza.com utiliza o Servidor Seguro de PayPal para efectuar todas as transaccións e para asegurar que todas as informacións persoais estén protexidas dacordo cos máis altos estándares tecnolóxicos internacionais. PayPal é a plataforma líder mundial de pagamentos seguros no internet, utilizada por máis de 153 millóns de persoas.
 
TendaGaliza.com non recibe nen ten os datos do teu cartón de crédito ou débito, só recibimos unha confirmación de PayPal de que a túa transacción foi efectuada no seu Servidor Seguro. Podes comprobar a política de privacidade de PayPal visitando o seu website.

'Cookies'

As 'Cookies' son pequenos ficheiros gardados no disco duro do teu ordenador cada vez que visitas un website. As nosas cookies non conteñen nen gardan nengunha información de tipo persoal e só serven para permitir o teu proceso de compra, gardando os detalles dos produtos que metiches na túa cesta de compras.

Lista de Novidades

Se desexas recibir a Lista de Novidades da TendaGaliza.com, terás que comunicarnos o enderezo email ao que queres que che enviemos información ocasional sobre novos produtos e ofertas. Nunca divulgaremos nen compartiremos o teu enderezo email con ninguén. Podes desabonarte da nosa Lista de Novidades en calquer momento premendo na ligazón "Unsubscribe" que aparece no final da Lista de Novidades.

Os Teus Dereitos

Se, por calquer razón, non estás seguro de saber cal é a información exacta que temos ao teu nome, ponte en contacto connosco. Poderemos comprobar ou correxir a información que nos pidas; outramente, podes comprobar e correxir ti mesmo esta información antes de finalizar a túa compra.

Se tes algunha pergunta sobre a nosa Política de Privacidade, pódesnos contactar en:


Se introducimos calquer cambio nesta Política de Privacidade, notificarémolo públicamente mediante unha nota de aviso na portada deste website.



Máis información:
» Termos e Condicións de Servizo
» Pagamento Seguro - Métodos de Pago
» Envío da túa Encomenda
» Contacto

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais