Peluches

Animais do País en peluche de calidade para rapaces galegos. Os animais de peluche son os xoguetes e amiguiños de compaña máis queridos polos cativos, e con estes animais os teus rapaces poderán compartir historias dos Ancares, do Xallas, da Terra Chá, e de moitas outras partes da nosa terra. Son tamén ideais para que os maiores os usen como decoración para darlle un ar enxebre na casa ou no coche.


Pequeno Ourizo Cacho da Ulloa

Prezo: 6,60 €

Cos seus pequenos olliños, fociño aguzado, patiñas curtas e andar tardeiro, o Ourizo Cacho é un dos animais salvaxes máis simpáticos do rural galego. Peluche de 10cm.

Porco Celta Pequeno

Prezo: 6,74 €

O Porco Celta é a antiga raza de cocho autóctona da Galiza. Peluche de 12 cm.

Morcego de Barreiros

Prezo: 8,26 €

O morcego é un dos animais galegos típicamente asociados á noite, ao alén, á maxia. Peluche de 25 cm.

Rá de Cospeito

Prezo: 10,12 €

A rá é un anfibio típico dos ríos e lagoas galegas. Peluche de 28cm.

Pita de Ourense

Prezo: 10,55 €

A galiña é un dos animais que nunca faltaba en calquer casa do rural galego. Peluche de 18cm.

Coello gris do país

Prezo: 10,74 €

O coello é un dos animais máis comúns na paisaxe rural galega. Peluche de 20cm.

Moucho de Bergantiños

Prezo: 11,56 €

A reputación esotérica do moucho fai que apareza frecuentemente como animal de compaña das meigas. Peluche de 15cm.

Polbo do Carballiño

Prezo: 12,39 €

O polbo é un dos animais máis característicos da gastronomía galega, e non hai feira típica no país na que falte o caldeiro e as racións de polbo. Peluche de 30x30cm.

Esquío de Ortigueira

Prezo: 12,81 €

O esquío autóctone galego, o esquío roxo, é un animal simpático que se encontra nos bosques de caducifolias e coníferas. Peluche de 17cm.

Lavanco Macho de Doniños

Prezo: 13,21 €

O lavanco é o parrulo salvaxe máis común na Galiza. A característica plumaxe do lavanco macho é de cor gris con cabeza verde e peteiro amarelo. Peluche de 25cm.

Miquiño do País

Prezo: 14,04 €

Tamén coñecido como Mico ou Micho, o gato é un dos animais máis típicos da casa rural galega. Peluche de 20cm.

Raposo de Arteixo

Prezo: 15,69 €

Intelixente e matinador, o raposo é un dos animais máis característicos do agro galego. Peluche de 25x20cm.

Xabarín de San Marcos

Prezo: 15,69 €

Animal popular na heráldica galega e do resto das fisterras celtas, o xabarín é tamén o protagonista do programa xuvenil de máis éxito na televisión galega, o Xabarín Club. Peluche de 30 cm.

Carneiro de Maceda

Prezo: 16,77 €

"Envolto sempre nun cobertor, faga frío ou calor". É o carneiro, un dos animais máis típicos do rural galego. Peluche de 28cm.

Cerviño do Invernadoiro

Prezo: 19,40 €

Animal garboso e elegante, de alto pescozo e patas delgadas, o Cervo é un mamífero tradicionalmente moi aprezado no rural galego. Peluche de 38cm.

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais