Pagamento Seguro - Métodos de Pago

 

Pagamento Seguro Online

Podes facer o teu pagamento online nun servidor seguro que aceita Visa, MasterCard, American Express, os máis dos cartóns de crédito e débito internacionais, e PayPal. Todas as transaccións son realizadas en Euro (€). TendaGaliza.com utiliza o Servidor Seguro de PayPal para efectuar todas as transaccións e para asegurar que todas as informacións persoais estén protexidas dacordo cos máis altos estándares tecnolóxicos internacionais.


Pagamento por Transferencia Bancaria

Tamén aceitamos pagamentos por Transferencia Bancaria. Antes de completares a túa compra, aparecerá na pantalla a escolla de pagamento pola túa encomenda. Escolle a opción de Transferencia Bancaria para obteres os nosos datos bancarios e instruccións de pagamento.


Taxas (IVE)

Todos os prezos publicados neste website están en Euro (€). O Imposto do Valor Engadido (IVE) correspondente é calculado antes de terminar a túa compra. Deberás introducir primeiro o teu enderezo de envío para que o website poida calcular o IVE correspondente. 

IVE para clientes da UE


Se a túa encomenda é enviada a un Estado membro da Unión Europea, o IVE correspondente será calculado antes de terminar a túa compra. Deberás introducir primeiro o teu enderezo de envío para que o website poida calcular o IVE correspondente. 

Compra libre de impostos para clientes de fóra da UE


Se a túa encomenda é enviada a un Estado non pertencente á Unión Europea (UE) non terás que pagar o Imposto do Valor Engadido (IVE), e non o incluiremos na cantidade a pagar no momento da túa compra. Pola outra banda, será a túa responsabilidade de pagar calquer taxa de aduanas que poidese impór o Estado do país ao que vaia o teu envío.



Máis información:
» Termos e Condicións de Servizo
» Envío da túa Encomenda
» Política de Privacidade
» Contacto

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais