Paporroibo de Ridimoas

Paporroibo Macho de Ridimoas


Prezo: 10,74 €

Paporroibo de 17cm aprox. Agarimoso peluche cun auténtico chio dixital cando o apretas. Compañeiro perfeito para xogos de imaxinación e contos para os cativos (e adultos!) 

O Paporroibo é un residente común do noso bosque autóctono (o que en galego chamamos Fraga, e en inglés chámase Celtic Rainforest ou "Bosque Temperado Celta") aínda que tamén pódese ver ocasionalmente en parques e xardíns.

É un paxaro gordiño para o seu tamaño, característico polo largo papo rubio dos machos. É discreto e pódese ver normalmente comendo en pares ou grupos pequenos. Gostan de sementes, bagas, e gromos de árbores autóctonas.

O Paporroibo sufriu un certo decline no noso país como consecuencia da eucaliptización incontrolada do noso territorio durante o pasado século. Nos últimos anos están a xurdir asociacións medioambientais de restauración do bosque autóctono galego, que benefician e volven dar fogar a especies nativas como o Paporroibo. Unha desas asociacións, que desenvolven un traballo tan importante para a ecoloxía galega, é a da fraga de Ridimoas en Beade, Co. Ribeiro.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais