Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148

Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536

Poster - Galice, Pompa Funebris Caroli V, 1559


Prezo: 21,00 €

Detalles do Produto:
» Reproducción do estandarte do Reino de Galicia na Pompa Funebris Caroli V ou "Procesión Fúnebre do Emperador Carlos V", feita polo grabador neerlandés Joannes van Doetecum en 1559.

A Pompa Funebris Caroli V ou "Procesión Fúnebre de Carlos V" é unha sumptuosa obra de grabados que ilustra o funeral do emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico Karl V.

Nacido en Ghent, Países Baixos en 1500, neto herdeiro do Emperador Maximilian I, Karl V herdou directamente o Sacro Imperio Romano-Xermánico tras a morte prematura do seu pai Philipp I de Brugge (Filipe o Fermoso). No ano 1516 herdou as coroas de Sicilia, Aragón, Castela e León, convertíndose no primeiro monarca en adoptar oficialmente o título de "Rei de España". Coñecido neste país co nome de "Carlos I de España", o seu reinado definiuse polos conflitos relixiosos en centroeuropa e as guerras italianas contra o rei de Franza.

Publicada por primeira vez en 1559, a Pompa Funebris Caroli V ilustra un funeral de Estado celebrado en Bruxelas o 29 Decembro 1558 tras a morte do Emperador. Na procesión participaron representantes dos diferentes reinos europeos en poder do kaiser da dinastía de Habsburg, entre eles o Reino de Galicia.

O Reino de Galicia aparece representado no funeral por tres cabaleiros vestidos en loito á moda da época. Dous cabaleiros dirixen un cabalo rampante, elegantemente engalanado coas armas e cores do Reino, tras do cal outro cabaleiro porta a bandeira do Reino de Galicia en estilo militar, ondeando nunha longa lanza como mastro.

A ilustración está atribuída ao grabador neerlandés Joannes van Doetecum e ao seu irmán Lucas, pertencentes á unha das familias de grabadores e cartógrafos máis famosos dos Países Baixos.

Este mapa está disponible en dous tamaños:
» 59 x 42 cm (A2)
» 70 x 50 cm (B2)

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais