Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148
Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Kilt Black Watch (Batalla de Elviña)
Prezo: 38,83 €
Detalles do produto: » Kilt de calidade feito co deseño azul-e-verde do Tartan Black Watch. » O Tartan é o deseño de cadros co que está feito o kilt. » O 'Black Watch' é un rexemento escocés de infantería que axudou militarmente ao exército do Reino de Galicia durante as Guerras Napoleónicas en 1809. » Coñecido daquela como o '42nd Royal Highland Regiment', o Black Watch xogou un papel importante na victoria aliada galaico-británica contra os franceses na Batalla de Elviña e na Batalla de Ponte San Paio, onde o Reino de Galicia foi liberado no 8 de Xuño de 1809. » A combinación de cores do tartan, azul e verde escuros, foi orixinalmente deseñada como camuflaxe militar. » Confeccionado en tela tartán de 5 iardas, 13 onzas de peso por iarda, en tela acrílica de propriedades e parecido idéntico á la. » O kilt ten dúas correias de coiro para axustar o kilt ao corpo, permitindo alargar ou estreitar a prenda uns 10 cm. » Esta saia celta ou Kilt é ideal para festivais celtas, vodas, eventos deportivos, festas de temática galega, eventos históricos...
Ao terminares a túa compra, envíanos por favor a medida exacta da túa cintura, á altura do embigo, para asegurármonos de que recebes o talle de kilt axeitado para a túa medida.