Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148

Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Colante Trisquel Grande
Colante Trisquel Grande Colante Trisquel Grande Colante Trisquel Grande

Colante Trisquel Grande


Prezo: 7,48 €
Mostra a túa identidade celta con este colante redondo dun trisquel. Duradeiro e resistente á auga, este colante é ideal para o teu automóvil ou a túa moto.

Detalles do Produto:

» O trisquel é un símbolo relixioso solar, común ao arte dos países celtas.
» Pénsase que na antiga relixión céltiga, os tres brazos do trisquel representaban os elementos da Terra, Auga e Ar.
» Tamaño: 18 x 17 cm.
» Disponible en tres cores: negra, branca e azul galego, con fondo transparente.
» Feito en vinilo de calidade, duradeiro e resistente á auga.

Instruccións:
1 Limpa ben a superficie onde vaias pór o colante e sécaa cun pano de microfibras. Non poden quedar restos de aceite ou de produtos de limpeza.
2 O colante ten un papel de transferencia que debes pelar lentamente. 
3 Situa o colante onde desexes pólo, comezando a colalo por unha esquina. 
4 Toma un rascador ou unha tarxeta de creto para colar o resto do colante, presionándoo firmemente co rascador ou tarxeta. Cando o colante estea adherido completamente á superficie, comproba se hai enrugas ou burbullas. As enrrugas pódense empurrar cara fóra coas mans. Para as burbullas precisas pinchalas coa agulla e tirar o ar co rascador.
5 . Retira agora a lámina de protección do colante. Debería soltarse fácilmente. Comeza pelala polas esquinas e continua cara o interior. Finalmente cun rolo ou un obxecto similar, pásao firmemente polo colante. Con este último contacto vólvese a activar e endurecer a cola do colante.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais