Reproducción do mapa "An Exact Draught of the Bay and Harbour of Vigo", mostrando os detalles da famosa Batalla de Rande de 1702. Disponible en cinco tamaños: A2, B2, A1, B1 e A0.
Detalles do Produto: » Reproducción do mapa de 1735 "An Exact Draught of the Bay and Harbour of Vigo", da History of England de Rapin & Tindall.
A Batalla de Rande (ou da Ría de Vigo) aconteceu no 23 Outubro 1702 entre unha alianza anglo-holandesa comandada polo Almirante Sir George Rooke (co Tenente-Almirante Philips van Almonde na frota neerlandesa), e unha coalición franco-hispana comandada polos almirantes François Louis Rousselet de Chateau-Renault e Manuel de Velasco.
Na batalla, a alianza Atlántica de ingleses e holandeses derrotou a unha frota hispana que tratou de esconderse na ría de Vigo cun tesouro traído das Indias. Cos barcos afundidos no fondo da ría, espallouse a crenza dun grande tesouro repousando no Estreito de Rande. Na famosa novela Vinte Mil Leguas Baixo dos Mares, do famoso autor francés Jules Verne, a tripulación do Capitán Nemo fai negocio rescatando parte do tesouro afundido na ría de Vigo.
Este mapa está disponible en cinco tamaños: » 59 x 42 cm (A2) » 70 x 50 cm (B2) » 84 x 59 cm (A1) » 100 x 70 cm (B1) » 118 x 84 cm (A0)
Notice: Undefined property: VirtueMartViewProductdetails::$cat_productdetails in /home/tendagal/public_html/mmp_upgrade/templates/gk_shop_and_buy/html/com_virtuemart/productdetails/default.php on line 437