Poster - Regno di Galicia 1696


Prezo: 21,00 €

Detalles do Produto:
» Reproducción do mapa do Reino de Galicia feito polo famoso cartógrafo italián Giacomo Cantelli da Vignola para o Duque de Modena en 1696.

Xeógrafo, cartógrafo e bibliotecario do culto Duque de Modena, Francesco II, Cantelli elaboraba os seus mapas non só utilizando mapas antigos -moitos dos cais xa non se conservan hoxe- mais actualizándoos con dados subministrados de primeira man por viaxeiros e comerciantes internacionais.

Neste mapa do Reino de Galicia, gravado no obradoiro de Domenico de Rossi no ano 1696, aprécianse curiosidades como a pervivencia das antigas toponimias céltigas de Betanzos (Brigantium) ou o Cabo Fisterra (Artabrum Celticum Nerium Pro).

O Duque de Modena Francesco II, un notable benefactor das artes e do saber, tiña un particular interese no Atlántico pois a súa irmá Mary of Modena -como muller do Rei James II de Inglaterra e VII de Escocia- era raíña consorte dos nosos viciños reinos atlánticos da Inglaterra e Escocia.

Cantelli (1643-1695), un dos máis importantes cartógrafos da historia da Italia, é particularmente famoso por ser o pioneiro do estilo italián de gravado groso que máis tarde foi estandarizado por Vincenzo Coronelli.

Este mapa está disponible en tres tamaños:
» 70 x 50 cm
» 84 x 64 cm
» 120 x 92 cm

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais