Raposo de Arteixo


Prezo: 15,69 €

Raposo de peluche, medidas aprox: 25x20cm

O raposo é un dos animais máis característicos do agro galego, e con razón: xunto con Irlanda e Gran Bretaña, Galiza ten a maior densidade de poboación de raposos de toda Europa.

Animal respeitado no folclore galego, ten sona de intelixente, matinador e precavido. Conta o refrán que ao espertar pola mañá, o raposo dí: "Ábrete miña boca, atarrícate meu rabo, Deus me aparte portas abertas, xentes de pouco cuidado".

O raposo corre dun xeito curioso, pois nunca segue unha carreira previsible en liña recta, de aí o refrán "Sabe as voltas do raposo" para aquelas persoas que son moi listas.

Foi por isto que a xente lle puxo o alcume de "O Raposo de Arteixo" ao adestrador da selección galega de fútbol Arsenio Iglesias, home que -igual que o raposo- ten sona de calmo, intelixente, matinador e precavido.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais