Miquiño do País


Prezo: 14,04 €

Gato de peluche, medidas aprox: 20cm

Ben se lava o gato
depois de farto.
(Refrán tradicional galego)

Tamén coñecido en galego como Mico ou Micho, o gato é un dos animais típicos da casa rural galega. O mico era moi aprezado pois mantiña a casa e os celeiros libres de ratos.

O gato galego ten pelaxe en variadas cores; pode ser branco e negro, negro, roxo, ou gris como este mico do país.

No folclore galego, o micho sempre foi considerado como un animal meteorolóxico e críase que moitos dos seus actos nalgúns días predecían o tempo. Así, cando o gato corría moito pola casa era sinal de vento, e cando lavaba a cara anunciaba unha visita ou chuvia próxima.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais