Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148

Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536

Kilt Black Watch (Batalla de Elviña)


Prezo: 38,83 €

Detalles do produto:
» Kilt de calidade feito co deseño azul-e-verde do Tartan Black Watch.
» O Tartan é o deseño de cadros co que está feito o kilt.
» O 'Black Watch' é un rexemento escocés de infantería que axudou militarmente ao exército do Reino de Galicia durante as Guerras Napoleónicas en 1809.
» Coñecido daquela como o '42nd Royal Highland Regiment', o Black Watch xogou un papel importante na victoria aliada galaico-británica contra os franceses na Batalla de Elviña e na Batalla de Ponte San Paio, onde o Reino de Galicia foi liberado no 8 de Xuño de 1809.
» A combinación de cores do tartan, azul e verde escuros, foi orixinalmente deseñada como camuflaxe militar.
» Confeccionado en tela tartán de 5 iardas, 13 onzas de peso por iarda, en tela acrílica de propriedades e parecido idéntico á la.
» O kilt ten dúas correias de coiro para axustar o kilt ao corpo, permitindo alargar ou estreitar a prenda uns 10 cm.
» Esta saia celta ou Kilt é ideal para festivais celtas, vodas, eventos deportivos, festas de temática galega, eventos históricos...

Tabela de talles
Para saberes cal é a talle ideal do teu kilt, é necesario medir o perímetro da cintura á altura do embigo. Para máis información visita: www.tartan.galician.org/kilt-gallaecia.htm#instruccions

Medida da cintura Talle do Kilt
Menos de 66 cm A medida (Contacta connosco)
Entre 66-71 cm 26 Polgadas
Entre 72-76 cm 28 Polgadas
Entre 77-81 cm 30 Polgadas
Entre 82-86 cm 32 Polgadas
Entre 87-91 cm 34 Polgadas
Entre 92-96 cm 36 Polgadas
Entre 97-101 cm 38 Polgadas
Entre 102-106 cm 40 Polgadas
Entre 107-111 cm 42 Polgadas
Entre 112-116 cm 44 Polgadas
Máis de 116 cm A medida (Contacta connosco)


Ao terminares a túa compra, envíanos por favor a medida exacta da túa cintura, á altura do embigo, para asegurármonos de que recebes o talle de kilt axeitado para a túa medida.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais